sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

A casa do médico

Publicado en 21 de Enero, 2006, 23:32. en PRETÉRITO IMPERFECTO.
Comentar | Comentarios (25) | Referencias (3)
Etiquetas:

Vin por casualidade un artículo dedicado a Reimóndez Portela que publicaron o ano pasado  NA solaina de Piloño, espertou un recordo durmido, unha lembranza na miña lingua: a casa do médico.

Cando miña nai tiña 42 anos,
foi ver ó médico dos pobres, Portela,
que atendía a xentiña de varias leguas á redonda. 

Dixolle a don Manuel que lle doia o estómago, e que vomitaba todo o que comía. Xa lle escribira don manuel uns remedios na receita, e iba miña nai cara á porta cando lle dí él: "e logjo tí, non estarás preñada? vouche facer unhas probas do sangue". Ela calou un anaquiño e dixo: "non fai falta don Manuel, agora que vostede o di, vaille ser eso" E velaí estou eu.

Anos despois fun eu a que recorrín varios km. por camiños que xa non están, agarradiña da mau da miña nai corentona, para que don manuel me curara o crup diftérico.

A casa do médico tiña un xardín con rosas, e, para mín, que tiña as ventanas encarnadas.