
Mais ben, de palabra son eu.
Que ben sei que falar é dos que necesitan atención.E na casa de un, cos propios, non fai falla porse de acordo en semántica.
Que meu abó xa se entendía cas nubes e o baile das árbores antes de que as isobaras se deran a conocer ós homes que falan do tempo...
Que xa miña aboa sabía que é inutil expresalo en verso ou en prosa se un non mira cara a cara a ánima das cousas.
Tímido, calado, apoucado e raro me chaman, porque necesitan porlle verbos ó meu silencio.O seu está cheo de ansia devoradora da sintaxis allea, e asi andan na teima de querer que todo, o que por vir está , lles sexa estructurado coma nas taboas dunha escola.
¿A onde miran cando os paxaros calan, cando a noite bosteza ou o vento fai cóxegas nos prados? Falan e falan,sin sentir o bater das agullas na sua viaxe tras do sol.
¿Que escoitan tras do lento respirar da mar calma ou no descenso novo das augas troitas polas penas? Buscan con luz esmorecida o falar propio en boca allea.
Mais eu son home de palabra dada, que un día a saber quen me leva cara a fonte promesa do meu silente sono amado.