Este es mi cuaderno personal y escribo sobre emociones, que son las que nos mueven. En galego ou castelán, como me pete
Que ver o hacer en Coruña
Violencia en la pareja: una lucha colectiva
bannerB&W
Alojado en
ZoomBlog

De emigrantes e exiliados: un longo camiño á casa

Por Ajallope - 30 de Marzo, 2007, 18:15, Categoría: de amigos

En honor a Carlos Buenaventura Valladares, que non morreu de "atentado" e por eso pode vagar nunha cámara frigorífica polos mares de este mundo en busca da dignidade que nos rouban cada día.

Normalmente ó que fuxe por causas políticas damoslle o nome de exiliado. Ó que o fai por razóns económicas chamámoslle emigrante.
Nembargantes as duas palabras teñen unha acepción común: dejar una persona su propio pais, separarse de la tierra en que vive.
.
Cando un rey fuxe dunha situación política non grata, fálase dun exilio, non dun exilio voluntario.
Cando un somalí fuxe da fame, da miseria, ou da guerra convértese nun emigrante (aínda que se lle negue ata ese término para denominalo in-migrante (ese que se che mete na casa).
A maioría dos cargos políticos ou altos funcionarios e, en moitas ocasións, directivos empresariais e ricos, a secas, cando son abandonados por os ventos de bonanza son aceptados como refuxiados, acomodados ás suas medidas e recibidos por unha comitiva. A plebe cando ten que salvar a vida -ou a esperanza na mesma- ven a ser un incordio ó que se lle poñen atrancos burocráticos, muros de espiño, e cans de presa uniformados.
Se entendemos deixar o propio polo alleo por causas de necesidade vital...
¿cando empeza un a ser emigrante ou exilado?
¿Cando nos expulsan do utero para empezar a mamar?
¿Cando abandonas a casa para ir á escola?
¿Cando o ambiente na casa dos pais é insoportable e precisas ter o teu lugar propio? ¿Cando deixas atrás os amigos e a xuventude para afincarte na vellez?
¿Cando morres e vas cara algún lugar ou non?
.
Somos e seremos nómadas do tempo. Poderemos distraernos canto queiramos cos xoguetes que algúns disfrutamos. Pero realmente habemos de abandonar tarde ou cedo o tempo detido para asumir este constante partir que o poeta dixo que era a vida.
Asumilo é entender un pouco ós demais camiñantes. 

Los emigrantes (1971)
Jan Troell

Permalink :: Comentar | Referencias (0)
Etiquetas:

Sindicación

Blog alojado en ZoomBlog.com
Vuelos Baratos