No Couto, nas terras de Trasdeza, á beiriña da ermita onde cada ano en setembro se celebra a romaría, fixeron esta fontiña.
Antes de pasar a carretera tronzando pinos e carballos, había camiños e carreiros adentrándose na espesura ata chegar a ermita, sen fonte ningunha. O dia da romería algunha parella perdíase facendo un cochiño entre os fentos, quente o sangue nos corpos ablanquexados pola lua chea; e os mozos dalgun lugar do arredor esperaban agochados entre as sombras a outros que subían o camiño, para saltar sobre eles a vingar honores feridos que medraran polos litros de viño levantados para maior gloria do santo... xa habería horas que as mulleres recolleran os cestos coa merenda, e os panos, que primeiro fixeran de molido e despois de mantel para os chourizos, o touciño, a empanada, o queixo con marmelo e as rosquillas de Silleda, á sombra da carballeira. E mentras o gaiteiro tocaba, alguén botaría un auturuxo deses que lembran ancestrais berros de guerra.
O Couto, Silleda. (Pontevedra). fotografía de Zeltia, Verano 2007

Agua tan pura que casi no se ve en el vaso de agua.
Del otro lado está el mundo. De este lado, casi nada...
Un agua pura, tan limpia que da trabajo mirarla. Manuel del Cabral (1907-1999)
-
|