"No está convencido.
No está para nada convencido.
Le han dado a entender que puede elegir entre una banana, un tratado de Gabriel Marcel, tres pares de calcetines de nilón, una cafetera garantida, una rubia de costumbres elásticas, o la jubilación antes de la edad reglamentaria, pero sin embargo no está convencido.
Su reticencia provoca el insomnio de algunos funcionarios, de un cura y de la policía local.
Como no está convencido, han empezado a pensar si no habría que tomar medidas para expulsarlo del país.
Se lo han dado a entender, sin violencia, amablemente.
Entonces ha dicho: 'En ese caso, elijo la banana'.
Desconfían de él, es natural.
Hubiera sido mucho más tranquilizador que eligiese la cafetera, o por lo menos la rubia.
No deja de ser extraño que haya preferido la banana.
Se tiene la intención de estudiar nuevamente el caso."
Julio Cortázar.
E verémolos estes días dándolle a man ós inmigrantes africanos, collendo ós pícaros no colo, saudando ós traballadores nas fábricas e as amas de casa nas prazas. Estarán cos estudiantes nas universidades, cos vellos nos asilos, cos enfermos nos hospitais, cos labregos nas hortas. Pagarán unha rolda nos bares, e xogarán un partido cos rapaces… sempre a carón dos sobrevivintes do seu.
Estarán a pedir a nosa flor, o noso chisco, a nosa entrega… de novo os porcos a convencer ó cabalo para que traballe nese proxecto de granxa sin preocuparse, porque non ha de ser envíado de vello ó matadeiro.
Pois a miña sinatura, o meu arrope, a miña parte, a miña colaboración, a historia longa e triste do meu voto, non o van ter!. Porque os odio coma se fosen ladróns na casa de pobres, coma se fosen enganadores de nenos, coma se fosen pelotas dos profes, coma se fosen chivatos no traballo, coma se fosen collemóviles nos cines, coma se fosen toreros ou despenacabras, coma se fosen cazadores de osos e pitas do monte, coma se fosen pederastas, coma se fosen cuspidores de cadáveres, coma se fosen rille- as-gracias ós violadores, coma se fosen encubretorturadores, coma se fosen turistas do meu, coma se fosen estragadores de colleitas, coma se fosen subvencionadores de ricos, coma se fosen o que son.
...
E sei que podo ser inxusto e indolente con xente que pon o corazón nesas historias de xogo pseudodemócrata: .a vós pídovos con respeto que me deixedes berrarlle a eses outros de quen falo:
¡DEIXÁDEME TRANQUILO E IDE XUNTOS A TOMAR POR ONDE SE ENFÍAN AS AGULLAS!!
