|
foto de bonetaker de su galería en flickr

atopei na cova do raposo un meme deses que por moito que rastrexes nunca atopas ó cabrón que o ideou, e que farei (seguro que con mais pena que gloria) porque me gustou que o raposiño se acordara de min. consiste en contestar a cinco preguntas: cousas que farías se soubeses que ó dia seguinte se ía acabar o mundo.
qué canción escoitaría; qué libro lería; con quén falaría; qué comería; qué faría e que me quedaría por facer; vamos unhas preguntiñas de nada...
eso de que todos saiban que se acaba o mundo, non lle acai nada ben á miña personalidade un pouco histriónica: xa que vai ser o meu último dia gustaríame ser a prota absoluta do meu entorno, i eso non sería posible porque todos estarían moi ocupados montando os seus propios dramas. así que voulle dar un pequeno xiro e contestaréi ás cinco preguntas sendo só o meu último día neste mundo:
lería vellas cartas da miña nai, que xa morreu. falaría co meu fillo serena e tranquilamente, para non transmitirlle angustia, das cousas importantes que aprendín na vida, paseando por carballeiras e campos, calando de cando en vez para escoitar a canción da auga do regato, dos paxaros, e do aire entre as follas. comería nunha grande terraza sobre o mar, con toda a xente que quero á mesa, unhas ameixas á mariñeira, solomillo cunha boa salsiña e de guarnición patacas asadas, bo viño e unha degustación de postres variados, con moitas bromas, todas á miña costa; tamén a conta, por suposto. follaría, cos sentidos atentos: o tacto, a vista, o olfato... os cinco, coma se fose acabar o mundo, e despois sentariamonos os dous, caladiños, a ver como se pon o sol, a cabeza deitada no seu hombreiro. e quedaríame por facer, aprender a vivir dun xeito máis armónico e feliz. é dicir: o fundamental.
a ver se os continuadores do meme non se meten tanto no papel! sono se eles queren: cuspe de pita, el segundo de cris, apátrida e silvana, pítima, la tierra de los árboles

|