sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

portas

Publicado en 10 de Noviembre, 2008, 16:57. en ¿Y POR QUÉ ME CUENTAS TU VIDA?.
Comentar | Comentarios (26) | Referencias (0)
Etiquetas:

.

é o magosto.

e nós qué ben, comendo castañiñas asadas e cocidas, a carón do lume, dentro da casa.

 2008 magosto fuego por Zeltia

foto de zeltia

dentro, nas volutas do fume, flotan pensamentos, recordos, soños.

 fora a auga mainiña que cai, baila no aire, e ponlle veladuras grises á luz otoñal.

Novembertag (3) ... por Martin Volpert

foto de martín volpert 

dentro soben as risas e as conversas cara o tellado; o viño tinto dalle brillo ós ollos e quenta os corpos, (e aínda máis os corazóns dos dous que estrenan un amor noviño).

2008 magosto por Zeltia

 fora alguén ten un nó no peito pola felicidade destes namorados.

e que fora xa e noite, e vai frío.

... xa pasou o magosto i a min quedoume un gustiño agridoce, que é así coma dicir que estou contenta mais un chisquiño triste

.