sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

alentar na túa rosa

Publicado en 19 de Noviembre, 2008, 19:41. en HAY VIDA AHÍ AFUERA.
Comentar | Comentarios (21) | Referencias (0)
Etiquetas:

red pasion, fotografía de Isha.Net*

red passion por Isha.Net*

Non importa por onde. Pola caluga, e logo debruzarse nos ombros e baixar amodiño as costas, vértebra a vértebra, debuxándoas, adiviñando o calcio da textura, até o van. Ou non. Hai que ter vagar. As nádegas espléndidas, as coxas rexas. Baixar aos pés e lamber amodo cada deda. Abrir levemente o mural das pernas,

e alentar na túa rosa

é un dos poemas eróticos de paco souto, o paquete da miña amiga emma, que gañou o outro día o accésit no  III certamen de poesía erótica illas sisargas.

--