No bló de L&M está a lista de todos os productos da terra que se sortean nos distintos blogs, e tamén as reglas deste meme, que compre acoller para participar nos sorteos. Mirei a quen pasarllo e non vin que o tivese ainda o raposo na sua Cova, tampouco Dende Areas cara a Ponte, nin o Pai do vento .
Eu vou sortear unha botella de viño da Ulla, aproveitando que ven o Antroido, e o de esas terras é un dos que mais sona teñen, cos atranques e os altos dos "xenerais" da Ulla. Pero éravos millor ir bebelo alí, polo antroido, así viades a os xenerais que van acompañados polos correos, un abanderado, os coros... percorrendo distintas parroquias de concellos de A Estrada, Teo, Vedra, Vila de Cruces, Silleda... a raia administrativa que separa A Coruña de Pontevedra non se nota, e os xenerais enfrentanse entre as parroquias de maneira dialéctica, mediante coplas, con moito humor e ironía ; inda que corren malos tempos, e xa hai moitas parroquias que deixaron a tradición, será por falta de cartos, ou de ganas, é unha pena, porque lembro a miña nai recitándome de memoria coplas de encontros entre famosos xenerais de cando ela era moza, en Merza, Bandeira, Ponte Ulla...
Ponte Ulla, con a ponte de Gundián ó fondo, a foto é de Francisco de Camba

Díxo Álvaro Cunqueiroque hai que ir á Ulla beber os seus viños fraques e acedos. A min, particularmente é un viño que non me gusta moito, ainda que ése foi o primeiro que probei, e quedoume o gusto polo viño!
|