aquí temos o 2º dos memes-sorteo promocionais de cousas da nosa terra. neste sorteo hai sete premios:
un lote de queixos do Xures, e pasar un fin de semana, (noite do venres e do sábado, co almorzo incluído) en algunha das seis casas rurais-hoteis, de pe-lí-cu-la, que se promocionan regalando a estancia ós seis afortunados gañadores.
*Isto ven de Radio Cornellá, e no seu blog Sempre en Galicia, explicase como coller número para o sorteo. Falar das casas rurais é cousa moi doada, porque todas elas teñen ben de que gabarse:
A de Lira, en Carnota, ten un nome que xa enamora: A Xanela da Lúa. Eles estiveron na reunión fundacional da delegación de Galicia do movimento mundial Slow Food (comida lenta: cociñar amodiño, con mimo, con productos da terra e de calidade) o Slow Food está dentro doutro proxecto máis ambicioso aínda que é o slow movement, que xa ten varios anos e está espallado por moitos paises, sempre volvendo a cara a unha maneira mais racional e natural de vivir. Paréceme valiente e acertado que esta casa rural se adique a un turismo para xente que saiba darlle o valor que as auténticas cousas teñen. E para ver o bonita que é, non hai máis ca entrar na súa paxina web.
No Concello de Viana do Bolo, temos a segunda das opcións: Santa Mariña da Ponte, (hotel e spá) Ahí en plena naturaleza, a carón dun castiñeiro de 500 anos, poderedes relaxarvos nun entorno privilexiado.
E na Praza Maior do mesmo concello está o Hotel Vila de Viana. Na restauración do hotel respetaron a fachada orixinal para que non cambiara a praza. E eles mesmos restauraron a maioría dos mobles que forman parte da decoración. Unha peculiaridade que ten este hotel rural é a grande cantidade de reloxes antiguos que hai por toda a casa, mesmo no comedor hai seis ou sete; reparalos e poñelos en marcha é unha afición que ten o dono, e seica funcionan todos!
Non fai falla marchar de Viana do Bolo para chegar ó restaurante de A nosa casa, que non é nosa, pero se nos toca a fin de semana sentiremonos coma se fora. Alí seica preparan unha androlla boísima (é parecido ó botillo)
O Retorno é o nome que ten o hotel rural que fai o número cinco na lista, e seguramente teremos ganas de voltar a él despois de estar en calquera das suas acolledoras habitacións e disfrutando na terraza que da ó xardín, ou na súa destacable galería de cristal.
A vivenda rural Mirador da Ribeira quedou para o último, pero igual podería ir de primeira, porque ten moitas cousas das que presumir: as portas, o chan, o teito que conserva as vigas orixinais, a portada do comedor do século XIX... A antigua cociña é agora unha das habitacións, e conservaron o fregadeiro, que quedou feito un lavabo. Sendo así de respetuosos e doado que a conxunción de pedra e madeira faga desta vivenda un lugar moi acolledor. Tamén está en Viana do Bolo.
E, se non nos toca a estancia nun deses hoteis rurais con tanto encanto, a ver se hai sorte e levamos os queixos do Xurés. Porque estes queixos non che son calquera cousa: son feitos de maneira artesanal, con leite crú, sen ningún aditivo, un producto biolóxico que tenta recuperar parte da tradición culinaria da zona: os límites do Parque Natural Baixa Limia -Serra do Xurés- e están no mercado cun prezo entre 75 e 150 euros.
*despois de ter feito este post engadiuse á lista de casas rurais Casa Rural Rosalía, en Limios, Ourense. Como xa algunha xente mandamos o correo electrónico para pedirmos número para o sorteo, estoutra casa hase sortear entre todos aqueles que non acaden premio no sorteo. Así que, outra posibilidade máis.
preme aquí para ir a SEMPRE EN GALICIA: Concurso - Sorteo dunha Fin de Semana en Galicia