sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

solsticio

Publicado en 23 de Junio, 2009, 15:30. en HAY VIDA AHÍ AFUERA.
Comentar | Comentarios (36) | Referencias (0)
Etiquetas:

bailei co sol, agarrada dos seus últimos raios, no día máis longo do ano. viño e sardiñas, abrazos e risas, celebrando o solsticio. dende a noite do tempo, na memoria atávica, o lume.

fuego purificador

lumeirada no solsticio, 20 xuño'09 en cesuras

e eu que sempre sustentei
o monumento dos sonhos
vi o solsticio passar
como passam, à tarde, as coisas que não aconteceram
e nem sequer afloraram a essa zona do espírito
onde há um permanente solsticio, queimando as almas

Lêdo Ivo

*e hoxe, na noite sanxoaneira, mergullareime  no cheiro a fume e a sardiñas asadas, por entre a xente, con ese aire de festa popular, de maxia extendida,  propios do día.