a nena (serie para la caja de recuerdos)
Publicado en 10 de Agosto, 2009, 1:25.
en PRETÉRITO IMPERFECTO.
Comentar |
Comentarios (89) |
Referencias (0)
Etiquetas: vivencias, recuerdos, infancia
seguindo as pegadas das paisaxes da infancia, fun dar á casa onde vivin o meu terceiro e cuarto ano de vida, esa edade na que a memoria empeza a acugular lembranzas no disco duro. ó dar a curva do camiño, apareceu a eira no alto, diante dos meus ollos, rodeada de valados e portalóns, agochando a casa entre as árbores, inaccesible. o que podía ver dende fóra casaba co gardado no fondo da memoria da meniña que fun. ela quería entrar e eu comprobar que os meus recordos non eran construccións da memoria contada, transmitida, senon orixinais. sabía que a casa estaría baldeira, que non vive ninguén alí. Os herdeiros da vella ferreiriña vivían fóra, seguro que pagaban a alguén para que a coidase porque, milagrosamente salvouse, tanto de ser comesta polas silvas como de reformas modernizadoras. e agora alí estabamos nós as tres, a casa, a nena que fun e mais eu. a casa ben protexida por muros altos de máis para apuliñar por eles unha oficinista sedentaria e fondona coma mín, pero fíxeno. entrei na propiedade furtivamente, metinme nesa estrana dimensión da man dunha nena de catro anos que traspasou o espazo temporal. eu só andiven a meter o dedo no burato da incredulidade: todo estaba alí, encheronselle de bagoas os ollos á nena, veña a petarlle o corazón no peito e eu podía sentir sobre min as pantasmas axexando dende as fiestras, rebulindo incómodas coa miña presencia normal que non me recoñecesen.
|