sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

símil

Publicado en 14 de Septiembre, 2009, 23:14. en LENTES DE CONTACTO CON SU NEBLINA PROPIA.
Comentar | Comentarios (98) | Referencias (0)
Etiquetas:

os pexegos

son coma nós,

os galegos,

de pel áspera e dura. agres, amargos. hai que estonalos para que amosen a súa carne branda e branca. e ó chegarlle ós adentros, atopas unha areola vermelliña e doce, á beira da carabuña

*neste tempo de pexegos maduros, é velos, e virme a imaxe de miña nai con un coitelo, quitándolle a tona con ansia, e devecendo por comelos... manxar exquisito para quen apenas coñeceu outros.