sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

muller que pasea

Publicado en 15 de Octubre, 2009, 0:27. en POR LAS FUENTES Y LOS CAMINOS..
Comentar | Comentarios (28) | Referencias (0)
Etiquetas:

camiño que vai á beira do rio. cerca de sigrás.

foto de zeltia.

camiño

-

caíndo a luz da tarde,

a miña sombra alongada guiándome polo camiño, polo chan lene,

onde van quedando as miñas pegadas,

qué bonito o paseo polo campo,

coa brisa morniña,

ese arrecendo a terra e a herbas aromáticas que o enche todo.

-

debaixo dos castiñeiros

alfombras de ourizos protexendo as súas castañas novas.

dos carballos cargadiños de landras

vaise algunha folla, que planea amodiño, enredando co ar,

ata cair ó rio, que a leva docemente, acunándoa, coma nun berce.

 reflexos dourados bailando na auga.

ruxen sons calados, segredos, agochados.

a vida, pintada de verde, entrando polos ollos.

adiantoume un corredor. dous ciclitas. tres xubilados vindo cara a mín. e catro que son familia. co can fan cinco. conmigo seis.

as 7 xa... habería que voltar.

*celebré la vida en ese paseo vivificante,

consciente de la maravilla que es andar, pensar, elegir pasear sola.

tuve mi momento nostálgico, claro,

pero siempre es mejor añorar a alguien,

que estar con ese alguien deseando estar en otra parte o con otra persona.