sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

outro carís (para arrimar ó conto do libro galego)

Publicado en 26 de Octubre, 2009, 17:09. en PARA GUSTOS.
Comentar | Comentarios (64) | Referencias (0)
Etiquetas:

"Escribir no caderno -quen o diría!- é como valdeirar o corazón. Parece un milagre. Pois ó fin de contas non pasa de ser unha conversa comigo mesmo. Pero pra min é milagre todo. Dende as pingueiras da chuvia hastra o canto do grilo. Aínda que se me ocurrise facer un libro, como fixo Smith, de pouco valeria o que conte. Smith estivo na guerra, e eu son apenas "o neno", como me chaman na casa. Son Balbino. Un rapaz da aldea. Un ninguén"

.

a través de balbino reconcilieime, desde a distancia da miña adolescencia,
coa miña propia lingua, recoñecinme como nena labrega.
él, fillo de labregos, coma mín,
e seus pais pobres, como os meus.
os sitios polos que anda balbino coinciden, moitos deles,
co meu propio escenario infantil, a
comarca do deza.
ata pode que balbino pasase polo camiño de carros
que había á beira da miña casa,
un dia 14 ou 29, cara a feira da
bandeira,
como o fixo un
neira vilas pequeno, agarrado da man da súa nai...
o mesmo neira vilas que hoxe chora a perda da súa dona,
anisia miranda,
con quen compartiu a vida enteira,
e que enterrou o venres, en
gres.

.

*a dor do creador de balbino espertou en mín as ganas de volver ler este libro, e coincidindo que anda por aí o "meme do libro galego e português" eu aproveito para falar deste libriño que é o máis lido de toda a literatura galega: memorias dun neno galego.
**o meme naceu no blog de
Manuel L. Rodrigues, onde veñen as sinxelas regras para entrar no sorteo dos libros. (xa sei que teño un débeda contigo -que che pagarei gustosa, tí ben sabes, pero a estas alturas terei que acompañarche xa os intereses...)

<