|
dende as entrañas, pulsando por saír de nós, queremos botarnos, verquer, desbordarnos, mesmo ata asolagar. mais todo ese pulo de vida adoita quedar nunha sinxela fontiña cun fio de auga clara. e abonda para verternos cara afora. porque o importante é decantarse*.
|
 fonte en cambre, (a coruña). decembro'09. está na orela esquerda do rio mero, á beiriña de todo. o deitar da súa auga confúndese co rumor do río, con quen se mestura. |
.
*decantar: verter suavemente un líquido noutro recipiente sin que saia o pouso.
|