me hablas a mi? -espacio emocional-

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

Febrero del 2010


books burn badly

Publicado en 28 de Febrero, 2010, 13:29. en HAY VIDA AHÍ AFUERA.
Comentar | Comentarios (63) | Referencias (0)
Etiquetas:

aquí en castellano

a foto "flor do toxo" é de antonio martín,
tena no seu blog el mundo de aramon

se estivera o venres no museo universitario de oxford,
vería unha sala decorada con ramiñas de toxo
coa súa chorima amarela.
estaría rodeada de galegos, de ingleses, doutros españois.
podería ter falado en galego,
escoitado galego,
debatido en galego.
oirlle a manuel rivas falar da torre,
da súa coruña de neno,
dos seus avós,
[daquél que falaba sen parar e do outro que só dicia boh].

-

-

*como ós dous lles roubaran as palabras, manuel rivas escribiu os libros arden mal e agora presentouno traducido ó inglés, en oxford i en londres. se sirve para que galicia lle chegue ó forro de dentro a moita xente, ben vale que os seus libros falen inglés. podería ser o xerme doutros futuros galegofalantes que se sumarían ás ducias de estudantes británicos que xa o fan agora, grazas ó traballo de john rutherford, o impulsor do centro de estudos galegos na universidade de oxford.

**contou algo disto onte pilar losada e vén hoxe un artigo de laura sáez no xornal.com


sálvese quien pueda!

Publicado en 27 de Febrero, 2010, 17:29. en HAY VIDA AHÍ AFUERA.
Comentar | Comentarios (56) | Referencias (0)
Etiquetas:

vai vir unha bomba meteorolóxica,
unha borrasca de
cicloxénese explosiva, mimadriña.
[antes de pechar portas e fiestras, fun comprar provisións imprescindibles]
xa son case as 6 e
xhyntia retrásase, ou non vén.
busco no google, e boh!
eses nomes rimbombantes veñen quedar nunha simple
borrasca forte.

e agora que fago eu
pechada aquí
con todo este chocolate!


concluyendo... (serie frases flotando)

Publicado en 23 de Febrero, 2010, 18:56. en LENTES DE CONTACTO CON SU NEBLINA PROPIA.
Comentar | Comentarios (34) | Referencias (0)
Etiquetas:

(...)"tenía una mujer guapísima,
guapísima!,
y le puso los cuernos y se le quedó con el coche."

foto galería de likclick en flickr

-

*quén: dous homes de 30 e pico anos van falando pola rúa. onde: a coruña, rúa riego de agua cando: sábado, 20 ás 10:30 pm (aprox.)


hoxe

Publicado en 19 de Febrero, 2010, 14:24. en ¿Y POR QUÉ ME CUENTAS TU VIDA?.
Comentar | Comentarios (63) | Referencias (0)
Etiquetas:

o ritmo da cidade muda según a hora que sexa.
hoxe cheguei cedísimo ó traballo e polo camiño todo era diferente:
rúas máis anchas, semáforos sincronizados,
ausencia de conductores arroutados.
fora do coche 4ºC, en radio 3, música.
[non ía deixar que as noticias me enchouparan o ánimo de rabia e de pena]
o ambiente envolveito nesa preguiza morna, coma nunha bufanda de lá.
antes de entrar pedín no bar un café take away e,
mentres se cargaba o programa no ordenador,
funo bebendo a groliños, pensando que tiña por diante un día para vivir.
vencendo a miña tendencia natural a ver nel unha conta atrás
mireino en cambio coma o que é:
un agasallo que a vida me ofrece.
si. non paga a pena lamentarse,
porque incluso os días baleiros serán algo a añorar nalgún tempo do futuro incerto.
agora aínda caben as sorpresas, existen as posibilidades.
lembreime daquela sentencia de khalil gibran:

"no corazón de todos os invernos vive unha primaveira palpitante e detrás de cada noite vén unha aurora sorrinte".

galería de fotos de alfonso benaya en flickr

-

*traducción  al castellano [cutre]. (cortesía para as visitas dos castelan falantes que non entenden galego, aínda que é moi parecido). ó traducilo percátome de que "es igual, pero no es lo mismo".

**molaría traducir a moitos idiomas como están a facer os da plataforma a prol da defensa da lingua galega co manifesto prolingua


debaixo da pedra

Publicado en 9 de Febrero, 2010, 22:15. en LENTES DE CONTACTO CON SU NEBLINA PROPIA.
Comentar | Comentarios (61) | Referencias (0)
Etiquetas:

"Recanto"
(A foto non é miña, pero teño permiso para usala como se fora)
-

recanto.jpg

-

Ela pasaba a diario, amazona na egua branca, levándoa ó paso, harmonioso e sensual o movimento do corpo, o pelo trenzado de lado, rozándolle o pescozo fráxil, baixando sobre da chambra, pousando no peito esquerdo. 

Cortaba solas o zapateiro, asubiando, coas portas abertas. De lonxe xa oíra aquél son que o perturbaba, o eco das ferraduras. Cando ela pasaba botáballe enriba os ollos abetunados de mirada ardente queimándolle os dela, que baixaba as pálpebras, a cara encarnada. Percorría él entón o camiño da trenza, rozándolle o pescozo fráxil, baixando sobre da chambra, pousando no peito esquerdo.

Escoitábase o cuco no souto.

Cantaron máis cucos antes de ir o zapateiro cara a Casa Grande coas mans nos petos, as cóxegas no ventre, a cabicha nos beizos. Paraba ó chegar á cima da costa, para ollar dende a altura a ventá do seu cuarto e agardar o sinal acordado. Alí a estaba, acobadada na fiestra, pendurándolle a trenza como ás princesas dos contos.

Mimadre, cumpríame facer un vestido!. A costureira poñía alfinetes no baixo da saia, él polo camiño, bordáballe suspiros pertiño da orella.

Mimadre, vou buscar auga!. A fonte ría. A sella calaba.

Rulaba unha rula na ponla. 

Pouco duraron os rulares agarimosos. Tarde tras tarde, ficaba él a mirar a ventá en espera do sinal, pero nunca chegaba. Os pais gardábana del, nin ó sol nin á lúa podía ir soa a ningures. Tiña que ser ben casada, non eran para zapateiros as grandes herdanzas. Murchada ela os días enteiros, ata lle parecía telo albiscado detrás dos carballos. Él, polas noites, afogaba a rabia mirando as estrelas. Un domingo, na igrexa, él agardou á beira da pía da auga bendita a que entrara ela, diante da nai, cos dedos mollados ofreceulle para se persignar e deixoulle un papel dobrado na man. Durante a misa agochouno ela no seu peito esquerdo, debaixo da chambra.

Esa tarde cantaron sen parar as carricantas. 

Veu unha noite morna. Á luz da lúa foi trala casa, buscar o escondite que él lle dixera e alí estaba a carta, no valado, debaixo da pedra. Faláballe él da pena que tiña, dicíalle ollos de acibeche, beizos de cereixa. Respondeulle ela cos pensamentos que lle fora gardando, abríndoselle ós arrecedendos. Clarexando o día viña él pola carta, pousadiña debaixo da pedra. Alí foron poñendo latexos, debaixo da pedra. Todos os desexos, debaixo da pedra. Os cariños todos, debaixo da pedra... Moito medraba o lume debaixo da pedra!.

Queridiño: mañán van á feira meus pais, eu farei que estou enferma. Agárdote ás 12 na carballeira, no fondo da eira.

Floreceron os bicos ó sol, él desfíxolle a trenza, baixou coa man polo fráxil pescozo, meteuna por debaixo da chambra, acariñoulle o peito esquerdo. Teceron as linguas palabras mesturadas coa saliva do outro, a dureza del afundindo na brandura dela... Despois, quitoulle él as herbiñas que se lle enredaran no pelo, prendidos os ollos, planeando o futuro.

Asubiaba o melro, dende a silveira.

Él falou cun cura de lonxe, ela cosía e bordaba. Medraron as noites, amarelou o campo, chegou o frío do outono. E aquela mañán de brétema espesa, ela esperouno, preparada a besta, o enxoval na albarda. Ó pasaren por diante da pedra, él ía diante montado a cabalo, ela pegada, montada de lado, as meixelas vermellas, o pelo trenzado.

.

*Edito para poñer un traductor en imáxenes, xa que nos coments me alabaron a idea!
chambra
peito esquerdo (e dereito)
encarnado, vermello
pálpebras
beizos
souto
cóxegas
carballeira

peto
cabicha
murchar
agochar, agocharse
acibeche
cereixas
rula
ponla
carricanta
valado
latexo
lume
afundindo
tecer, teceron
melro
silveira
amarelar, amarelou
brétema


facendo patria

Publicado en 6 de Febrero, 2010, 12:55. en HAY VIDA AHÍ AFUERA.
Comentar | Comentarios (99) | Referencias (0)
Etiquetas:

"Un galego non deixa de ser galego por falar inglés ou francés ou moitas máis linguas.
Non, é un galego políglota.
(...) Se un grupo de galegos falase todo o día entre eles e con todo o mundo en francés en Galicia serán un grupo de snobs ou friquis ou modernos ou curiosos ou o que sexa, pero non deixarían de ser galegos.
Agora ben, se un galego non fala galego (polo motivo que sexa: inercia noutra lingua, preguiza, prexuízos, etc.),
pero tampouco respecta a quen o fala,
nin defende o uso público do galego,
nin defende o xusto equilibrio e normalización de usos entre as linguas oficiais,
nin quere que os seus fillos falen ben o galego,
menospreza a quen usa o galego
e non toma partido pola lingua do país, desfavorecida e asoballada, (xustiza, sanidade etc.),
segue sendo un galego,
pero un galego renegado"...

*este fragmento de "55 mentiras sobre a lingua galega" que presentou onte  simultáneamente en 69 localidades, (en galicia e fora dela), a plataforma prolingua, responde a un argumento detrás do que se agochan, mesturados coa xente de boa fe, moitos detractores do galego: "non me sinto menos galego por non falar galego. falando castelán son tan galego como calquera que fale galego" 

**fotos da presentación do libro na coruña, que vivín dun xeito moi emotivo, polo que representaba: cada un de nós asistindo a ese acto en tantos sitios e todos á vez, estabamos a facer un frente común. foi como dicir "non pasarán". 

Edito para engadir un video que atopei, en vieiros, que me ilusionou moito: foi feito por unha moza rusa que aprendeu galego e no verán que pasou en compostela fixo un video documental en primeira persoa onde recolle as impresións de todo tipo de xente arredor da lingua galega: cal é a súa relación co idioma, como comezaron a falalo ou cales son as súas palabras favoritas.
o seu título é a xanela, e di ela que "falando, abrimos unha ventá ao novo mundo. unha soa palabra pódeche resultar un universo enteiro para descubrir"
ten unha duración aprox. dunha hora, pero ainda que sexa para curiosear, paga a pena ver dende outra xanela...

"A Xanela" (2010) from daria


agarimo

Publicado en 3 de Febrero, 2010, 20:19. en LENTES DE CONTACTO CON SU NEBLINA PROPIA.
Comentar | Comentarios (45) | Referencias (0)
Etiquetas:

-

regálame un bico
para o inverno

20080609123151

a foto, de aquí