sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

facendo patria

Publicado en 6 de Febrero, 2010, 12:55. en HAY VIDA AHÍ AFUERA.
Comentar | Comentarios (115) | Referencias (0)
Etiquetas:

"Un galego non deixa de ser galego por falar inglés ou francés ou moitas máis linguas.
Non, é un galego políglota.
(...) Se un grupo de galegos falase todo o día entre eles e con todo o mundo en francés en Galicia serán un grupo de snobs ou friquis ou modernos ou curiosos ou o que sexa, pero non deixarían de ser galegos.
Agora ben, se un galego non fala galego (polo motivo que sexa: inercia noutra lingua, preguiza, prexuízos, etc.),
pero tampouco respecta a quen o fala,
nin defende o uso público do galego,
nin defende o xusto equilibrio e normalización de usos entre as linguas oficiais,
nin quere que os seus fillos falen ben o galego,
menospreza a quen usa o galego
e non toma partido pola lingua do país, desfavorecida e asoballada, (xustiza, sanidade etc.),
segue sendo un galego,
pero un galego renegado"...

*este fragmento de "55 mentiras sobre a lingua galega" que presentou onte  simultáneamente en 69 localidades, (en galicia e fora dela), a plataforma prolingua, responde a un argumento detrás do que se agochan, mesturados coa xente de boa fe, moitos detractores do galego: "non me sinto menos galego por non falar galego. falando castelán son tan galego como calquera que fale galego" 

**fotos da presentación do libro na coruña, que vivín dun xeito moi emotivo, polo que representaba: cada un de nós asistindo a ese acto en tantos sitios e todos á vez, estabamos a facer un frente común. foi como dicir "non pasarán". 

Edito para engadir un video que atopei, en vieiros, que me ilusionou moito: foi feito por unha moza rusa que aprendeu galego e no verán que pasou en compostela fixo un video documental en primeira persoa onde recolle as impresións de todo tipo de xente arredor da lingua galega: cal é a súa relación co idioma, como comezaron a falalo ou cales son as súas palabras favoritas.
o seu título é a xanela, e di ela que "falando, abrimos unha ventá ao novo mundo. unha soa palabra pódeche resultar un universo enteiro para descubrir"
ten unha duración aprox. dunha hora, pero ainda que sexa para curiosear, paga a pena ver dende outra xanela...

"A Xanela" (2010) from daria