sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

anotacións para lembrar

Publicado en 5 de Marzo, 2010, 0:37. en ¿Y POR QUÉ ME CUENTAS TU VIDA?.
Comentar | Comentarios (73) | Referencias (0)
Etiquetas:

son escéptica coa xente.
 pero, as persoas, tomadas de unha en unha,
sempre me sorprenden
. 

[generosidad.jpg]

a foto de aquí

--

-

*unha tarde, liada con bolsas, baixei dun bus en brixton, [un dos barrios que ten mala sona de londres], deixando o bolso ós pés do asento. [percateime ó chegar á casa e buscar as chaves para entrar] era a hora de saír do traballo, con moito movemento de xente que subía e baixaba en cada parada. cando todos os buses voltaron á cochera, fun á oficina de obxetos perdidos da compañía: na casa quedaban escachando coa risa pola miña inxenuidade. pero o bolso estaba alí e non faltaba nada.

**unha noite botei en falta o bolso ó ir pagar unhas tapas e viños nunha vinoteca da coruña. o local estaba ateigado de xente nesa noite de sábado . denunciei o roubo na comisaría e aconselláronme que fora pronto para a casa e chamara a un cerraxeiro de urgencias para cambiar a pechadura. toda a miña vida ía naquel bolso. ó outro día chamoume a policía: alguén o atopara no aparcamento subterráneo onde eu deixara o coche mentres ceabamos. non faltaban nin os chicles.

***onte á mañán fun mercar nunha xamonería da coruña un bocadillo de chourizo ibérico. mentres o olor do chourizo ía excitando as miñas glándulas salivares, vin que a carteira non estaba no peto. pousaríaa no mostrador? todos os que xa marcharan víalle eu cara de sospeitosos. percorrín os poucos metros de volta  mirando atentamente por se me caíra. pero nada. nin rastro. disgusto, pataleta, denuncia, papeleo.  pero antes de 24 horas un desconocido veu á miña casa e entregoume a carteira na man. estaba todo, ata os 400 euros. mentres eu o miraba incrédula, él só dixo: atopeina na rúa  

aquí en castellano