sin pena ni gloria

unha emoción compartida
é un contrato íntimo
que vai máis alá das palabras

__

semper fidelis

Publicado en 12 de Marzo, 2010, 23:15. en ¿Y POR QUÉ ME CUENTAS TU VIDA?.
Comentar | Comentarios (62) | Referencias (0)
Etiquetas:

entón quedamos o luns?
eu estarei xa agardándote no mesmo sitio, á mesma hora,
para que me deas o teu bico dourado.
pero mira que veñas, eh,
porriba que tés esa manía de erguerte tan cedo!

ponte guapo, coma o luns...             o martes...                        ... e o mércores,

08-03-10 8h 23m 09-03-10 8h 13m 10-03-10

 ...onte                                   ...e máis hoxe, queridiño...

11-03-10 8h 14m 12-03-10 8h y 3m

*cada certo tempo sáeme o sol ó camiño cando vou traballar, e préndeme o ollo, namórame. estamos alí, no sitio aquél, un anaquiño de tempo mirando un cara o outro coma parvos. case sen percatarme, un minutiño cada día, vai eludindo a nosa cita, coma o amante escurridizo que é. mais eu non lle gardo xenreira, somos unha parella aberta. eu sei que volverá, e ali estarei eu, semper fidelis.

**as fotos foron feitas co teléfono, [pero e que cando o modelo o vale] co click agrándanse.

aquí en castellano